Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Sistema Educativo

Participación da comunidade educativa

A Constitución Española establece que os poderes públicos deben garantir a participación social na programación xeral do ensino.

Conságrase a participación social como un dos principios reitores do sistema educativo, concibida como un factor de democratización que garante unha maior receptividade ás necesidades sociais e como un instrumento esencial para favorecer a calidade do ensino.

Nos distintos niveis da Administración Educativa, incluídos os propios centros docentes, existen diferentes órganos colexiados que aseguran a participación social de todos os sectores da comunidade educativa. No ámbito estatal, este órgano é o Consello Escolar do Estado .

No autonómico, os Consellos Escolares Autonómicos, Territoriais, Provinciais, Comarcais e / ou Municipais/Locais. Finalmente, os centros docentes non universitarios contan co Consello Escolar de centro e os universitarios co Consello Social da Universidade.

Doutra banda, existen varios órganos estatais de participación institucional con carácter consultivo: o Consello Xeral da Formación Profesional, o Consello Superior de Ensinanzas Artísticas e o Consello de Coordinación Universitaria.

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles