Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Sistema Educativo

Educación e xénero

En 1990 o Ministerio de Educación e Ciencia (a través do actual IFIIE) e o Ministerio de Traballo (a través do Instituto da Muller) subscribiron un Acordo Marco para impulsar o principio de igualdade entre mulleres e homes na educación, o que supuxo a orixe de investigacións, publicacións e outras iniciativas vinculadas ao estudo das mulleres na educación.

Nos inicios dos anos 2000, a colaboración entre o Centro de Investigación e Documentación Educativa (CIDE) e o Instituto da Muller entra nunha nova fase moi activa en que se dá comezo a unha segunda xeración de iniciativas, na medida do posible, máis vinculadas coa práctica educativa a través de ferramentas que poidan servir de apoio ao profesorado e que revertan dun xeito máis directo na comunidade educativa.

O amplo consenso sobre a necesidade de abordar os temas de xénero, a especial sensibilización do mundo educativo e o compromiso interministerial, que acumulaba xa unha década de traballo conxunto, deron como froito a creación da Rede Intercambia, no ano 2005. Na actualidade forman parte dela todas as Comunidades Autónomas, a través das súas Consellerías de Educación e os seus Organismos de Igualdade.

Unha das consecucións máis significativas da Rede foi a creación do portal Intercambia: Educar en feminino e en masculino . Este portal ten a vontade de servir de plataforma virtual para a difusión de todas as iniciativas formadas no ámbito educativo vinculado coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e vai dirixido a toda a comunidade educativa, investigadores e investigadoras, profesionais do ámbito social, integrantes do movemento asociativo, etc.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles