Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Que estudar e onde

Educación Primaria

A Educación primaria ten carácter obrigatorio e gratuíto. Comprende tres ciclos de dous anos cada un, en total, seis cursos académicos, que se seguirán ordinariamente entre os seis e os doce anos de idade. Con carácter xeral, os alumnos e as alumnas incorporaranse ao primeiro curso da Educación primaria no ano natural en que cumpran seis anos.

A finalidade é proporcionar a todos os nenos unha educación común que faga posible a adquisición dos elementos básicos culturais, as aprendizaxes relativas á expresión oral, á lectura, á escritura e ao cálculo aritmético, así como unha progresiva autonomía de acción no seu medio.

A Educación Primaria contribuirá a desenvolver no alumnado as seguintes capacidades:

A Educación primaria organízase en áreas cun carácter global e integrador e será impartida por mestres que terán competencia en todas as áreas deste nivel. O ensino da música, da educación física e dos idiomas estranxeiros, serán impartidas por mestres coa especialización ou cualificación correspondente.

Referencias lexislativas

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles