Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Comunidades autónomas, Ceuta e Melilla

Programa de aprofundamento de coñecementos para os alumnos con maior capacidade e motivación para aprender “Profunda”

Este Programa ten como obxectivo incrementar a atención educativa aos estudantes con maior capacidade e motivación para aprender. Con este programa quérese promover no alumnado o pensamento crítico e creativo, o interese pola investigación, a tecnoloxía e a innovación; o gusto polo saber, por descubrir, por explorar, a inquietude polo coñecemento, o desexo de aprender activamente, a capacidade de análise e reflexión; trátase en definitiva, de estimular o potencial intelectual, e as actitudes de cooperación e o traballo en equipo.

 

Ademais preténdese:

Actuacións realizadas

Participación das Comunidades e Cidades Autónomas

Todas as Comunidades Autónomas decidiron participar no Programa de aprofundamento de Coñecementos. A posta en marcha do Programa nas Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla realizouse en febreiro (desde principios de xaneiro iniciouse a selección do alumnado e a designación do profesorado).

Ademais de facer uso de toda a oferta presentada polo Ministerio de Educación, cada comunidade puido deseñar os seus propios proxectos ou adaptar ao programa actuacións que xa tiñan en marcha. Destacan especialmente as actuacións realizadas en Asturias e Andalucía.

No caso do concreto do proxecto Ven x + Matemáticas, estes recursos utilizáronse en Asturias, Castila-a Mancha, Cataluña, Estremadura, Valencia e Ceuta e Melilla, con 74 profesores dados de alta no curso Moodle creado para tal fin, sendo o proxecto máis estendido de todos os que se desenvolveron.

 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles