Este programa de cooperación entre o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas baséase nos principios indisociables de calidade (orientada a obter os mellores resultados individuais e sociais) e equidade (para garantir a todos as mesmas oportunidades reais e compensar as desigualdades de partida).
Diríxese a centros educativos de Educación Secundaria, cunha proporción significativa de alumnos en desvantaxe educativa asociada ao seu medio sociocultural: pertenza a familias de baixo nivel cultural ou economicamente desfavorecidas, escasa oferta de recursos educativos, minorías étnicas, inmigrantes de lingua materna igual ou distinta á do centro, etc.
Ofrece un abano de liñas de actuación que os centros poden elixir, de acordo coas súas necesidades, para a mellora dos seus resultados educativos.
Os seus obxectivos son:
A participación no programa debe conducir á mellora de:
Os centros participantes teñen que intervir simultaneamente nun triplo ámbito:
Para cada un destes ámbitos ofrécense distintas liñas de actuación que comportan unha asignación de recursos humanos e materiais determinados.