Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Comunidades autónomas, Ceuta e Melilla

Avaliación do Plan PROA

O Ministerio de Educación, do mesmo xeito que en cursos anteriores, puxo en marcha un proceso de avaliación dos diferentes programas do Plan PROA durante o curso 2009-2010, para o que contou coa colaboración das Consellerías de Educación das Comunidades Autónomas. A avaliación realizouna a Universidade de Castela-A Mancha. Mediante unha aplicación informática que facilitaba a toma de datos directamente de todos os sectores da comunidade educativa implicada, recolleuse información dos diferentes axentes- profesores, titores, monitores, equipos directivos, familias e os propios alumnos - acerca da organización, a mellora na actitude, o interese e expectativas dos alumnos a que se aplicou e o grao de satisfacción que se manifesta co programa. Informe de resultados 

A avaliación própónse co fin de recoller información para tomar decisións, dar conta dos recursos que se van utilizando, así como para compartir as conclusións obtidas. O criterio metodolóxico e técnico para a formulación da mesma pretende evitar o perigo de guiarse por percepcións ou apreciacións. Na actualidade, éstánse analizando os datos recollidos do curso 2010-2011.
 

 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles