Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Comunidades autónomas, Ceuta e Melilla

Programas de Reforzo, Orientación e Apoio

O Plan PROA (Programas de Reforzo, Orientación e Apoio), concibido como un proxecto de cooperación territorial entre o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas, pretende abordar as necesidades asociadas ao medio sociocultural do alumnado mediante un conxunto de programas de apoio aos centros educativos:

A situación de desvantaxe educativa dalgúns alumnos ten a miúdo a súa orixe en circunstancias de carácter persoal ou sociocultural, asociadas con frecuencia a situacións de risco ou marxinación no medio en que viven. Doutra banda, para lograr unha educación de calidade para todos requírese o esforzo tanto dos membros da comunidade educativa directamente implicados como do medio social en que se desenvolve a educación. Así pois, a educación é cada vez máis unha responsabilidade colectiva, desenvolvida ao longo de toda a vida e cunha forte influencia do contexto territorial e social en que se vive.

O Plan PROA ofrece recursos aos centros educativos para que, xunto aos demais actores da educación, traballen nunha dobre dirección: contribuír a debilitar os factores xeradores da desigualdade e garantir a atención aos colectivos máis vulnerables para mellorar a súa formación e previr os riscos de exclusión social. Perséguense tres obxectivos estratéxicos: Lograr o acceso a unha educación de calidade para todos, enriquecer o medio educativo e implicar a comunidade local.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles