Concurso nacional de bibliotecas escolares
Ministerio de Educación convoca anualmente un Concurso Nacional de boas prácticas para a dinamización e innovación das bibliotecas escolares.
Os obxectivos que se perseguen son:
- A integración da mellora da biblioteca escolar nun marco global de actuacións dirixidas ao fomento da lectura, á formación dos alumnos no uso de fontes de información e ao fomento do traballo interdisciplinar en que participe o equipo directivo e unha parte significativa dos profesores.
- O uso da biblioteca como recurso educativo para e desde as distintas áreas curriculares.
- A estruturación da biblioteca escolar como un espazo de encontro do saber e como centro de recursos bibliográficos, documentais, culturais, científico e multimedia, capaz de ofrecer servizos en horario escolar e extraescolar.
- O uso da biblioteca escolar.
- O desenvolvemento de programas de formación permanente do persoal responsable e do resto do profesorado no uso da biblioteca.
- O desenvolvemento dun plan de lectura integrado no Proxecto Educativo do centro.
- O uso das tecnoloxías da información e a comunicación ao servizo da biblioteca escolar.
- A existencia dun proceso sistemático de avaliación.
CONVOCATORIA E RESOLUCIÓN 2011 
Máis información