Accións conxuntas coas Comunidades Autónomas
A L.O.E. sinala que as Administracións educativas completarán as dotacións das bibliotecas escolares de forma progresiva para que poidan funcionar como espazos abertos a toda a comunidade educativa.
Con tal fin, establécense un conxunto de actuacións dirixidas á mellora das bibliotecas escolares de todo o Estado, entre as que se encontra a asignación dun crédito específico dos Orzamentos Xerais do Estado de cada ano para que o Ministerio de Educación transfira fondos ás Comunidades Autónomas destinadas á mellora das bibliotecas escolares. As Administracións autonómicas deben, pola súa parte, contribuír con polo menos unha cantidade igual á achegada polo Ministerio de Educación, para que ambas as dúas dotacións financien actuacións centradas nos seguintes aspectos:
- Implantación e desenvolvemento de plans e proxectos dirixidos a fomentar a consideración da biblioteca escolar como un espazo organizado de recursos, información e documentación que apoie os procesos de ensino e aprendizaxe, fomente a lectura e facilite o desenvolvemento das competencias para o tratamento da información e a aprendizaxe autónoma. Para iso debe planificarse unha formación específica do profesorado do centro para a mellor atención da biblioteca escolar.
- Programas de formación do profesorado sobre xestión documental e bibliotecaria e sobre aplicación da biblioteca ao desenvolvemento do currículo.
- Establecemento de redes de apoio ás bibliotecas escolares nos servizos centrais, territoriais ou locais e se é o caso, reforzo das existentes.
- Mellora das dotacións das bibliotecas, actualizandoas e axeitandoas ás ensinanzas que se imparten no centro e ás idades dos seus alumnos: libros, revistas, partituras, documentación en soporte informático e recursos de vídeo e audio.
- Dotación de mobiliario e de material informático e multimedia, para axeitar os medios de traballo e lectura, os medios para a almacenaxe das coleccións e os sistemas de busca e acceso á documentación, ás necesidades que debe cubrir a biblioteca.
- Reforma das instalacións para axeitaras mellor ao uso da biblioteca, incluíndo, se é o caso, as adaptacións requiridas para dotar de conexión a Internet e para que poidan ser utilizadas de maneira independente ao resto do centro fóra do horario lectivo.
O Ministerio de Educación, no marco das accións destinadas á mellora das bibliotecas escolares achegou ás Comunidades Autónomas desde 2005 a cantidade de 70.000.000 de euros.
Ver distribución 
No ano 2011, o Ministerio de Educación financiou o Programa "Ler para aprender" con 10.500.000 €