Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Comunidades autónomas, Ceuta e Melilla

Programa Educa3

Descrición

Educa3 responde a unha iniciativa do Goberno de España para ofrecer unha Educación Infantil de calidade na etapa 0-3 anos a un tempo que dá resposta á necesidade que teñen as familias de conciliar a vida familiar, persoal e laboral. Neste sentido, a educación infantil é un factor básico de equidade clave para compensar desigualdades de partida e contribúe a mellorar o posterior éxito escolar.

A LOE define a Educación infantil como unha etapa educativa con identidade propia que atende nenos e nenas desde o nacemento ata os seis anos de idade. É unha etapa de carácter voluntario e a súa finalidade é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos. A LOE tamén establece que as Administracións Públicas promoverán un incremento progresivo da oferta de prazas públicas no Primeiro Ciclo, coordinando as políticas de cooperación entre elas para asegurar a oferta educativa deste ciclo.

Para cumprir este obxectivo o Ministerio de Educación iniciou en 2008 o Plan de impulso da Educación Infantil 0-3 "Educa3", o primeiro programa integral de impulso para a creación de novas prazas educativas para nenos de 0-3 anos, seguindo criterios de calidade nas instalacións, na atención educativa e na cualificación dos profesionais que traballan neste ciclo.

A consecución dos obxectivos do Plan será posibles grazas a un investimento total de 1.087 millóns de euros entre 2008 e 2012. O financiamento realízase ao 50% entre o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas.
 


En 2010   os 100 millóns investidos en Educa3, destináronse á creación de novas escolas de Educación infantil pública, á ampliación de escolas de Educación infantil pública existente para poder ofrecer novas prazas e á transformación de gardarías e outros centros públicos de atención á infancia en Escolas de Educación Infantil. Os convenios asinados coas Comunidades Autónomas permitiron a creación ou ampliación de 353 centros cun total de 21.511 prazas.


En 2009  os 100 millóns de euros, ademais da creación de novas prazas en 0-3 anos, tamén permitiron a transformación de gardarías e outros centros de atención á infancia en Escolas de Educación Infantil. Os convenios asinados coas Comunidades Autónomas permitiron a creación ou ampliación de 428 centros que supuxeron un total de máis de 28.000 prazas.
 

No ano 2008  o Ministerio de Educación destinou 100 millóns de euros, tanto para a construción de novas escolas de educación infantil, como para a adaptación de edificios xa construídos para albergar novas escolas de Educación infantil e para a ampliación das escolas existentes. A distribución destes fondos realizouse mediante convenios de colaboración coas Comunidades Autónomas e financiouse a creación ou ampliación aproximada de 395 escolas infantís cun total de 24.901 prazas.


Educa3 é cualificación profesional. A aposta polo carácter educativo e a calidade na atención en 0-3 pasa pola mellora na formación e cualificación profesional dos traballadores das Escolas Infantís. O financiamento de novos centros de Primeiro ciclo esixe a presenza de, polo menos, un Mestre especialista en Educación Infantil por cada seis aulas. Para completar os cadros de persoal dos centros se esta rexistrando un incremento da oferta de ciclos formativos de Formación Profesional de grao superior de educación infantil. Tamén se están impulsando programas de recoñecemento de cualificacións e formación complementaria para persoas con experiencia neste campo profesional. A achega para a formación por parte do Ministerio de Educación durante o período 2008-2012 é de 5.000.000 de euros.

O Plan Educa3 é unha das iniciativas enmarcadas dentro do Plan Español para o estímulo da Economía e o Emprego.
 

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles