
Este programa ten como finalidade establecer vías de colaboración que permitan o establecemento de agrupacións ou redes de centros educativos e institucións públicas do ámbito da educación (Programa ARCE)
, situados en diferentes Comunidades Autónomas ou nas cidades de Ceuta e Melilla, para desenvolver proxectos comúns que deben levarse a cabo en equipo entre todos os centros ou institucións participantes.
A formulación de proxectos comúns busca, por unha parte, impulsar os intercambios entre os centros ou institucións e a mobilidade de alumnos, profesores ou outros profesionais da educación contribuíndo á adquisición e mellora das súas aptitudes, non só nas competencias, áreas, ou temas en que se centra o proxecto, senón tamén na capacidade de traballar en equipo. Por outra banda, preténdese consolidar redes educativas todo iso en prol de dunha mellora na calidade da educación.
A través deste programa de cooperación territorial poderase:
