Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Goberno de España

Actividade internacional

Educación para o desenvolvemento

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, establece como fins da educación, a formación para a paz, o respecto aos dereitos humanos, a vida en común, a cohesión social, a cooperación e solidariedade entre os pobos, así como a adquisición de valores que propicien o respecto cara aos seres vivos e o medio ambiente, en particular ao valor dos espazos forestais e o desenvolvemento sostible.
Nesta liña de traballo, a educación para o desenvolvemento, une esforzos de cara a xerar sinerxías cos distintos actores educativos inseridos no ámbito formal, para tratar de cumprir o obxectivo de lograr unha cidadanía máis comprometida coa realidade global que nos rodea e na loita contra a pobreza. Desde o ano 2008, o Ministerio de Educación e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) traballan conxuntamente en accións que conflúen no mesmo obxectivo común.
Estas ensinanzas, de carácter transversal, éstánse implementando en numerosos centros de ensino, encamiñadas a promover unha cidadanía global, a través de coñecementos, actitudes e valores, capaces de xerar unha cultura da solidariedade, comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión, así como coa promoción do desenvolvemento humano e sostible e, todo, orientado á consecución dunha cidadanía global.
Baixo este marco institucional de traballo, o Ministerio de Educación de España vai traballar e apoiar, en accións bilaterais, canda AECID, accións que traten de implementar tarefas que consoliden este tipo de prácticas na educación formal estatal.

Áreas de intervención

Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer
 

Son numerosas as iniciativas e proxectos que ao longo dos anos, os centros docentes, desde os distintos niveis do sistema educativo, foron desenvolvendo a favor da sensibilización e mellor comprensión do desenvolvemento global, a loita contra a pobreza e a promoción dun desenvolvemento humano e sostible, por parte da infancia e a mocidade.
Estas iniciativas e experiencias débense dar a coñecer para que poidan orientar outras comunidades educativas e, do mesmo xeito, distinguir a aqueles centros e docentes que están involucrados nelas, recoñecendo a súa dedicación e achegue á mellora da consecución dos obxectivos da Educación e, en particular, da Educación para o Desenvolvemento.
Os Premios Nacionais de Educación para o Desenvolvemento están destinados a aqueles centros docentes que desenvolvan accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas aplicadas a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico, e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e o desenvolvemento humano e sostible.
Os destinatarios deste premio son os centros docentes españois sostidos con fondos públicos que impartan algunha das seguintes ensinanzas: educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.

Formación

Seminario de Intercambio e Formación de Boas prácticas en Educación para o Desenvolvemento

Os premios Nacionais de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer non comportan dotación económica e, consisten na participación dos centros premiados, nun Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento, que se celebra nos Centros de Formación da Cooperación Española en Iberoamérica.
Os obxectivos destes seminarios serán:

Os gañadores da primeira e segunda edición respectivamente, asistiron cadanseu seminarios de formación en Antiga (Guatemala) e Cartaxena de Indias (Colombia)

Encontro Nacional de Docentes en Educación para o Desenvolvemento

Así mesmo, éstánse desenvolvendo encontros de traballo e intercambio de experiencias entre actores institucionais, docentes e ONGD, a partir dos que se fomenta de maneira máis directa a educación para o desenvolvemento como un elemento curricular máis, de vital importancia na formación actual.
Os obxectivos destes encontros son:

O I Encontro nacional de Docentes en Educación para o Desenvolvemento celebrouse en Ávila do 26 ao 28 de Novembro de 2010

Publicacións

O Ministerio de Educación e AECID publican as boas prácticas premiadas anualmente para a difusión das mesmas, de maneira que o alcance dos proxectos e accións levadas a cabo polos centros educativos, teña unha maior repercusión.

Ligazóns de interese

© Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Logotipo W3C/WAI dobre A (WCAG 1.0) Este documento é válido XHTML 1.0 Strict Este documento CSS é válido Selo de Inspección de Technosite WCAG-WAI Dobre A. Titulares RSS dispoñibles